Poesía do cotián. I. primer movemento

Nas primeiras horas da mañanciña
Ainda o sol novo medio durmido
Coma reloxo suizo de precisión
Acude madrugador e cumpridor
A súa cotián cita meu pardal
Mirandose no vidro reflectido
Axítase diante meu ventanal
Fervello inquedo no ar revoa
De ciumes acendido, namorado
Teimudo peta,, anoxado pica
Ao desafiante retador rival
Que no espello altivo replica

0

Related Articles

Responses

Ir a la barra de herramientas