NAUFRAXIOS
Quedos, calmos
no silencio do solpor
anéganse meus ollos….
Asúlaganse
no lonxe sen límites
Cinzas de naufraxios
Contas de cores
Cunchas de cristal
fican nas desertas praias
namentras unha e outra vez
bica os meus pés
ese mar ignoto
que tan só tí coñeces
Responses